V CLÁSICA TGM – TOLDOS GÓMEZ
Memorial Mari Carmen Fuentes
V CLÁSICA TGM – TOLDOS GÓMEZ
Memorial Mari Carmen Fuentes

V CLÁSICA TGM – TOLDOS GÓMEZ
A Clásica TGM-Toldos Gómez chega a súa quinta edición. Nesta ocasión e debido á situación sanitaria, volvemos apostar pola modalidade virtual para garantir a seguridade das persoas participantes.
GRATUÍTA, SOLIDARIA E EN HOMENAXE A MARI CARMEN FUENTES
Este ano a carreira terá un importante carácter solidario. Por cada participación, que será gratuíta, destinaranse 10€ á Asociación Española Contra o Cancro, en homenaxe a Mari Carmen Fuentes, concelleira de Deportes do Concello de Arzúa, que nos deixou recentemente.
CORRE! POR UNHA BOA CAUSA

TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES PODERÁN OPTAR A UN PREMIO SEGÚN MODALIDADE.
PERSOAS ADULTAS – MODALIDADE 10 KM
Sorteo dun vale de 100€ entre todas as persoas participantes.
INFANTIL – MODALIDADE DEBUXO
Premio dun vale de 50€ ao mellor debuxo, que será elixido por un xurado escollido por TGM-Toldos Gómez.
* Os premios irán destinados a compras no comercio local. A persoa agraciada deberá enviar un tícket con data posterior ao 22 de setembro de 2021, correspondente a algún establecemento do pequeno comercio da súa localidade e cuxo importe terá que ser igual ou superior á cantidade gañada. O tícket deberá ser posterior ao 22 de setembro de 2021, día no que tamén se anunciarán os/as gañadores/as. O importe do tícket de compra será ingresado por transferencia na conta indicada polo premiado unha vez se acredite o cumprimento das bases.


Persoas gañadoras dos vales!

Como funciona a carreira virtual V CLÁSICA TGM – TOLDOS GÓMEZ?
Corramos en homenaxe a Mari Carmen Fuentes e contra o cancro, nesta carreira gañamos todxs. Só tes que seguir estes pasos:
10K PERSOAS ADULTAS
A PARTIR DOS 16 ANOS
Límite de 300 participacións
Distancia e datas
Corre os 10 quilómetros por onde ti queiras e sube a tua carreira antes do 20 de setembro.
Mecánica
Unha vez feitos os teus 10 quilómetros, faille unha captura á túa marca con calquera aplicación do móbil que utilices para rexistrar o teu exercicio físico. Na captura é obrigatorio que se mostre a data (antes do 20 de setembro), os quilómetros e o tempo. E se che apetece podes subila as túas redes sociais co hashtag #VClásicaTGMToldosGómez.
Compartiremos as mellores!
Participa
Adxunta a túa captura cos teus datos personais no formulario de inscrición para os 10 km persoas adultas. É completamente gratis. Se aínda non te inscribiches, podes facelo aquí.
Gañadores/Gañadoras
Doazóns
Coa túa participación TGM-Toldos Gómez destinará 10€ á Asociación Española Contra o Cancro. Nesta carreira gañamos todxs.
Recolle o teu pack
Todos os participantes poderán recoller nas nosas delegacións en Arzúa, Santiago de Compostela e Bergondo, o paquete da V Clásica TGM-Toldos Gómez.
Participación para os 10K persoas adultas
Porque nesta carreira gañamos todos.
Inscricións pechadas!
Coa túa participación recibirás de regalo o teu pack da V CLÁSICA TGM – Toldos Gómez para as persoas adultas
- Unha bolsa de algodón
- Unha botella de Toldos Gómez.
- Unha botella de Artio Go!
- Unha cinta e unha puseira de running de Toldos Gómez.
- Crema solar ‘Babaria’ e folleto informativo cortesía da AECC.

Xa podes recoller o teu pack!
MENORES
ATA OS 15 ANOS
Límite de 50 participacións
Demostra a túa creatividade
No caso de que teñas menos de 15 anos, tócache sacar a túa creatividade e facer un debuxo sobre os nosos produtos e o deporte que prefiras.
Mecánica
Sube a captura do teu
debuxo antes do 20 de
setembro. Se che apetece,
podes subilo as túas redes sociais co hashtag #VClásicaTGMToldosGómez.
Compartirémolos!
Recolle o teu pack
Todos os participantes poderán recoller nas nosas delegacións en Arzúa, Santiago de Compostela e Bergondo, o paquete da V Clásica TGM-Toldos Gómez.
Participacións
Participa completamente gratis no noso sitio web. Se aínda non te inscribiches, podes facelo aquí.
Participación para os/as menores
Inscricións pechadas!
Coa túa participación recibirás de regalo o teu pack da V CLÁSICA TGM – Toldos Gómez para os/as menores:
- Unha bolsa de algodón
- Unha botella de Toldos Gómez.
- Unha botella de Artio Go!
- Unha gorra de Toldos Gómez.
- Crema solar ‘Babaria’ e folleto informativo cortesía da AECC.

Xa podes recoller o teu pack!




